Érase unha vez unha familia. Aquela familia tiña un avó. O avó pasaba todo o día sentado nunha cadeira, sen dicir unha palabra. Só cando o puñan diante da mesa, o avó comía o que lle puñan, fose o que fose. E logo, de noite, levábano para a cama até o día seguinte. A vida do avó era abondo aburrida.
Até que un día, o seu neto, o Adolfo, levaba dez cousas enriba: a merenda, oito xogos, a consola e a telemóbil. Precisaría de oito mans, como un polbo. Por iso, deixou a consola na mesa diante do avó, conectada. Logo púxose a argallar nos xogos. Entón chamaron o Adolfo por teléfono. Estivo fóra media hora.
Cando volveu, atopou o avó co mando da videoconsola nas mans. Estaba a matar máis marcianos que ninguén. Era todo un experto. Subía de nivel como ninguén.
O Adolfo non daba creto. Chamou os pais, mais cando eles chegaron, o avó volvera á súa posición de sempre, a mirar as arañeiras.
Desde entón, o Adolfo déixalle a consola ao avó para que xogue de cando en vez. É e que, na verdade, o avó é todo un campión de videoxogos.
© Xavier Frías Conde
All rights reserved worldwide
All rights reserved worldwide
Sem comentários:
Enviar um comentário