Ao Xoán, desde neno, púñalle medo a súa propia sombra
Cada vez que ollaba para o chan e a vía alí, apegada aos seus pés, víñalle un medo tremendo que o puña a chorar.
Na escola, cando querían rir del, non tiñan máis que acenar para a súa sombra e dicírenlle:
– Atento á túa sombra, que te vai pillar, meu!
Xoan fitaba daquela para ela, espantábase todo e botaba a correr até ficar sen folgos ou até que chegaba a algures sen luz.
O peor é que cando maior, aínda estaba morto de medo por mor da súa sombra e endexamais ollaba para o chan, caso andase por alí a súa sombra.
E foi daquela que lle tocou ir ao servizo militar.
Xa desde o primeiro día, o sarxento Chantapiñeiros decatouse de que aquel mozo tiña medo a algo ou alguén, porque, en ollando para el, comprobou que corría coma un tolo como se alguén o perseguise.
Entón o sarxento preguntou ao Xoán:
- E logo, tu tes medo de algo?
Xoán non facía máis que mirar para o chan.
Mais o sarxento, que xa tiña moita experiencia, soubo que era a súa propia sombra do que tiña medo o recruta.
Foi así que tivo unha idea:
– Se corres de tal maneira que a túa sombra sempre vaia por diante de ti, será tu quen a persiga e non ela a ti. Para iso has ter a luz ás túas costas.
– «Como fun tan baballo de non pensar antes nisto?» –preguntouse aliviado o Xoán.
Tantos anos a pasar medo, cando a solución estaba alí, na punta dos dedos, ou das dedas neste caso.
O Xoán virouse e botou a correr.
Cando mirou para o chan, viu que a sombra, con efecto, corría diante del.
Agora era el quen a espantaba.
Desde aquel día, o Xoán tornouse un tipo valente... bo, un tipo valente sempre que a súa sombra lle viñese por diante.

© Xavier Frías Conde
All rights reserved worldwide
All rights reserved worldwide
Sem comentários:
Enviar um comentário