terça-feira, março 26, 2013

DAR A VOLTA AO MUNDO




Madalena era unha me­ni­ña emprendedora.

Decidira que quería dar a volta ao mundo.

Aproveitou unhas vacacións de verán.

Ela pensaba que en dous meses podería chegar moi lonxe.

Partiu de mañá moi cedo.

Decidiu que para non ser detida nas fronteiras, cerraría os ollos.

Así non vería as fronteiras.

Comezou a camiñar á saída da súa casa.

Sempre ás cegas.

Camiñou e camiñou.

Horas e horas.

Camiñou como nunca na súa vida camiñara.

Camiñaba moi de présa, case que correndo.

Camiñou até que comezou a sentir frío.

O sol xa baixaba.

E entón a Madalena sentiu clarisimamente a voz de súa mai:

– Madalena, entra xa que son horas de cear...

E a Madalena abriu os ollos.

E viu que camiñar, si que camiñara, mais sempre dando voltas arredor da súa propia casa.


Frantz Ferentz

Sem comentários: