Traballou con eles
durante dous anos día e noite.
Adestrounos moi ben.
Até que os tivo
preparados para actuaren como un ser humano.
Cando os metía no
disfrace de home ninguén se decataba de que eran tres animais.
Os animais aprenderan a
se comunicar entre si.
Daban conferencias.
Facían planos de
grandes predios e pontes.
Escribían manuais de
economía, filosofía e bricolaxe.
Até que se tornaron
inmensamente ricos.
Mais sempre, cada
noite, volvían durmir na casa do seu amo.
– E por que non se
independizaban del -preguntará algún curioso lector.
Moi sinxelo: porque o
chimpancé era a intelixencia e os movementos; o papagaio puña a voz
–aínda que algo afrautada; e o grilo era a consciencia, que sempre
os facía tornar á casa...
Sem comentários:
Enviar um comentário