segunda-feira, maio 06, 2013

A TÍA BRÍXIDA



A María Luísa pensaba que aquelas serían as peores vacacións da súa vida. Ela non fixera nada para merecer aquilo... Bo, só suspender oito materias de nove na escola.

Mandárona a unha aldea perdida no medio dunha illa tamén perdida do Mediterráneo. Alí moraba a súa tía avoa Bríxida, grande coma un camión.

– Imos ver a lagoa –dixo a tía avoa á sobriña neta antes de cear.

E levou a meniña até un estanque cheo de flamengos.

– E que teñen de especial? –preguntou a María Luisa case a bocexar.

A tía avoa Bríxida bateu nas palmas e os flamingos ergueron o voo. E entón puido ver que os flamingos alí tiñan tres patas. Despois descubriu que na illa os cans tiñan seis patas. E até que as galiñas voaban lixeiras coma falcóns...

Porén, o que máis sorprendeu á María Luisa foi ver que baixo a blusa da súa tía avoa algo remexía. De noite entrou no cuarto dela a pescudar. Con efecto, abondos motivos tiña ela para sospeitar... Pois a tía avoa Bríxida non era tampouco normal, como nada naquella illa.

A tía avoa Bríxida tiña catro brazos!

Mais axiña descubriu que aquilo era unha vantaxe para cociñar, escribir, falar ao teléfono e matar moscas ao mesmo tempo.

Frantz Ferentz, 2013

Sem comentários: