sábado, outubro 26, 2013

AS BICICLETAS NON VOAN [+10 anos]



Un certo día, o Camoi descubriu que podía voar mentres montaba na súa bicicleta. Foi por acaso, cando, ao saltar por riba dun montículo, notou que a súa bicicleta podía ficar no ar e que el podía guiala á vontade. Gozou daquela descuberta durante varias semanas, até que nun certo día, o pai do Camoi viu aquilo e reñeu severamente o fillo. Díxolle:

— A xente normal non voa na bicicleta. Por tanto, ti tampouco, ouviches?

E desde aquel día, a cada vez que o Camoi tentaba voar, acababa no chan, con algún renegrón. E despois daquilo, xa non volveu tentar voar.

Vinte anos despois, o Camoi viu o seu propio fillo Lumbai voar na bicicleta. E el fixo como fixera con el o seu pai, reñeuno severamente. Díxolle:

— A xente normal non voa na bicicleta. Por tanto, ti tampouco, ouviches?

O Lumai, despois daquilo, por moito que o tentou, non conseguiu máis nunca voar na bicicleta.

Vinte anos máis tarde, o Parui, neto do Camoi e fillo do Lumai, foi sorprendido a voar na súa bicicleta. Entón, o seu pai, o Lumbai, reñeuno severamente:

— A xente normal non voa na bicicleta. Por tanto, ti tampouco, ouviches?

O Parui rañou a cabeza e preguntou estrañado ao seu pai:

— E logo? Por que non ía voar? Esta bicicleta está fabricada para voar.

E o pai, Lumbai, calou porque non soubo o que dicir e nin sequera o consultou co avó, Camoi, porque non sabía nin que lle preguntar.

Frantz Ferentz, 2013

3 comentários:

Alcides disse...

ende stá cumo se l dá la buolta a un paradigma! guapo

Alcides disse...

Guapa maneira de abafar un paradigma.

Xavier Frias Conde disse...

Pois é. Afinal, por que as cousas son como son? Todo é relativo. Un abrazo, Alcides.