Durante dez anos, o Farhán dedicouse a chamar para toda a lista dos seus amigos. Durante dez anos, fixo telefonemas e mantivo a amizade por teléfono con todos aqueles que non podía combinar para ir tomar algo de vez en cando.
Até que un día parou a pensar e díxose: «Teño a xente moi mal avezada. Sempre ligo eu para eles e eles nunca ligan para min».
E desde ese momento, parou de facer todas aquelas chamadas que facía a miúdo, só chamaba unha vez por semana á pizzaría e era, precisamente, para ordenar unha pizza.
Cabo dunha semana, comezou el a recibir telefonemas dos amigos.
E o máis curioso de todo era que a grande maioría deles estaban anoxados porque o Farhán non os chamaba máis.
Consideraban que era un mal amigo e tiña pouco sentido da amizade.
Outros quebraron a amizade porque pensaron que para que ter relacións con alguén que dun día para outro para de chamar.
En fin, o único amigo verdadeiro que quedou ao Farhán foi o pizzeiro.
© Frantz Ferentz, 2016
Sem comentários:
Enviar um comentário