terça-feira, março 06, 2018

DE ONDE VEÑEN AS LLAMAS?

Resultado de imagen para llama

   O Miguel estaba fascinado con aquel animal que tiña ante si. A súa cabeza ficaba máis alta ca el e o pescozo do animal era longo demais. Ambos se contemplaban mutuamente, con curiosidade. O animal, cuxo corpo estaba todo cuberto de las, de vez en cando baixaba a cabeza até o chan para arrancar herba e mastigala.
   "Gustas da llama?", preguntou unha voz por tras do Miguel. Era o seu avó Evaristo, que quedara á espreita do neto e do animal- 
"Chámase", respondeu o ancián. "Son unhas criaturas incríbeis. Dan la, carne e serven para axudar os labregos dos Andes.
   A llama ouvía todo o discurso sen parar de mastigar. Escoitaba e mexía a cabeza, como se asentise.
   Mal había dúas semanas que o Miguel e a súa familia, incluído o avó, chegaran a Quito. Todo estaba a ser novo para o rapaz, mais probabelmente aquel animal, que pacía tranquilo a poucos quilómetros da cidade era o máis exótico que vira até daquela.
   "E de onde veñen as llamas?", preguntou o Miguel ao avó.
   O avó aclarou a gorxa e explicou:
   "As llamas son animais mitolóxicos. Cando os españois chegaron a América, trouxeron ovellas e cabalos entre outros moitos animais. E conta a lenda que, nunha noite de lúa chea, un cabalo e unha ovella se apaixonaron nunha floresta dos Andes. Escaparan para vivir xuntos e do seu amor naceu unha criatura diferente", explicou o avó. "Olla ben como a cabeza da llama é a dunha ovella, mais o seu corpo é o dun cabalo, aínda que cuberto de las. Desde aquela, as llamas poboaron os Andes".
   E sen máis, o avó virouse e deixou o seu neto só coa llama, que continuaba a mastigar herba. Cando xa os dous estiveron sós, o humano e a llama, o animal parou de mastigar e dixo:
   "O teu avó ten unha fantasía extraordinaria...Eu non che son ningún fillo de ovella e de cabalo, son parente dos camélidos da África e da Asia".
   Miguel fitou para ela sen dar crédito.
   "Dixeches algo?", preguntou o rapaz.
   Mais a llama xa non respondeu. Simplemente continuou a masgar na herba, como se aquilo non fose con ela.

© Frantz Ferentz, 2018 


Sem comentários: