domingo, agosto 09, 2020

ISADORA E O TABACO

 Cloudy Clipart Smoke Cloud - Cartoon Smoke Cloud Png - 600x538 PNG ...



Dramatis personae

Isadora, rapariga de cerca de 10 anos

Pai

Nai

Avoa





I. VESTÍBULO


Isadora entra na casa. Nada máis abrir a porta, atopa unha nube de fume que ocupa toda a casa.  A visibilidade é moi escasa. 

Na casa, hai catro estancias: vestíbulo, salón, estudio e cuarto da avoa. A nena saúda o resto da familia do vestíbulo:

ISADORA: Ola, familia!

O resto da familia responde con toses.

PAI:  Cof, cof.

NAI: Caf, caf.

AVOA:  Cuf, cuf. 

Isadora pensa en voz alta.

ISADORA: Qué desastre. Sempre me responden igual.

Toda a casa está chea de fume. O peor é que o fume fica dentro da casa, como unha néboa permanente, mais cun fedor inaturábel.


II. SALÓN


Isadora avanza para o salón, onde está seu pai, o cal fuma en pipa, mais en principio non se ve nada por causa do fume.

ISADORA:  Estás aquí, papá? 

PAI: Estou, Isadora, estou sentado no sofá a ler no xornal.

Isadora camiña ás toas até que se atopa coa mesa e se magoa no xoenllo.

ISADORA (laiándose de dor): Ai! 

O pai procúraa ás apalpadelas até que a atopa. A seguir, senta a meniña nos seus xoenllos. 

PAI:  O que me contas? 

ISADORA (tose): Coif, coif... 

O pai deixa a nena no sofá, érguese e abre a xanela, até que pouco a pouco boa parte do fume sae.

Cando xa se pode ver algo, o pai non ten vagar de preguntar, porque xa a nena se adianta:

ISADORA: Papá, e ti por que fumas?

PAI: Porque me gusta.

ISADORA: Gústache engulir fume?

PAI (dudando): Eh... sí.

ISADORA:  E sabe ben, como un café, o como un xelado?

PAI:  Ben, non exactamente.

ISADORA: Mais cando ficas sen tabaco e non o podes comprar, vinte botar frebas de té na pipa e fumalas. Lémbrome daquel día cando te levaron ao hospital...

PAI (interrompendo): Ben cariño, agora estou moi ocupado. Vai saudar a túa nai.

O pai virtualmente empurra a coitada Isadora fóra do salón para continuar a fumar e ler no xornal.


III. ESTUDIO DA NAI


Isadora aparece no estudio da nai, a cal se dedica a deseñar naves interestelares que logo usan en filmes, novelas gráficas e até cartelaría publicitaria. Algúns deses debuxos se ven nas paredes.

Naquel estudio cheira, como no resto da casa, a fume de tabaco. É simplemente noxento.

ISADORA: Coif, coif, coif.

NAI: Ola, filla. 

A nai está sentada ante unha mesa enorme chea de planos, cun cigarro na boca, do cal está para caer a cinza do extremo. E a cinza acaba caendo até lixar un deseño precioso dunha nave.

NAI: Ben... (fica a ollar un bocadiño para aquela mancha e ve que non hai xeito de eliminala) diremos que é a marca dun disparo con láser sobre o casco da nave...

ISADORA: Mamá pódoche preguntar algo?

NAI: Claro, cariño (e volve a se concentrar no traballo).

ISADORA: Gústache fumar?

La mamá, antes de responder, se quita el cigarro de la boca y luego tose. A continuación explica:

NAI: Verás, de certo xa nin sei se me gusta ou non. Fumo porque preciso fumar. Faime ben. Axúdame a me concentrar, non sabes? Se non fumase, estaría todo o día histérica.

ISADORA: É por iso que ás veces saes da casa ás 3 da madrugada disparada para a rúa cando ficas sen tabaco?

A nai fica pampa. Tatexa. Finalmente reacciona. 

NAI: Vai ver avoa, que estará no seu cuarto e gusta moito de te ver.

Isadora decátase de que nin seu pai nin súa nai lle responden as preguntas sobre o tabaco. Sae do estudio da nai.

ISADORA (a pensar en voz alta): Por que fuman? Ningún deles me quere responder. Se cadra, a avoa hame dar unha resposta.


IV. CUARTO DA AVOA


A seguir Isadora vai para o cuarto da avoa, toda cuberta de fume. Prúenlle os ollos e a gorxa por causa do fume, por iso raña os ollos e tose.

Cando chega ante a porta do cuarto da avoa, petou na porta.

TOC, TOC, TOC.

AVOA (en ton cantariño) Entra...

Isadora entra. Ve a avoa na súa cadeira de balancín, a ler un libro, cun cobertor. Ao lado hai unha mesiña cun cinceiro grande cheo de cabichas. O cuarto, como non pode ser doutro xeito, tamén está repleto de fume.

ISADORA: Ola, avó, todo ben?

AVOA (tusindo): Moi ben, querida, cuf, cuf, cuf...

ISADORA: Vou a abrir a xanela, a ver se o fume despexa.

Vai contra a xanela e ábrea, O ambiente despexa un pouco. Volve cabo da avoa. Fita para ela con curiosidade.

ISADORA: O que andas a facer?

AVOA: Aquí a ler tranquilamente.

A avoa interrompe a lectura e recolle o paquete de tabaco da mesa cabo do cinceiro. Quita un pito e lévao para a boca.

ISADORA: Vas fumar?

AVOA: Vou, un pito...

ISADORA: Avoa, por que fumas?

A avoa interrompe o proceso de prender o cigarro. Volve a colocalo enriba da mesa.

AVOA: Verás, cando nova, as mulleres non podiamos facer nada sen o permiso do noso marido, pai ou irmán maior. Era unha época complicada. Pois, daquela, moitas mulleres da miña xeración comezamos a fumar. Tornouse un acto de rebeldía.

Isadora fita para ela. Despois pregunta.

ISADORA: Pero  a ti gústache fumar?

AVOA (chea de dúbidas): Este, sí, claro, máis ou menos.

ISADORA: De que morreu o avó Ramón?

AVOA (suspirando): Morreu de cancro de pulmón.

ISADORA: Polo tabaco?

A avoa larga un gran suspiro. Érguese. Dá uns pasos polo seu cuarto.

AVOA (virándose para a neta): Sí... xa hai dez anos. Aínda te lembras do avó Ramón?

ISADORA: Claro que me lembro.

AVOA: Está ben, filliña, déixame ler tranquila...

A avoa achégaselle, dálle un bico na testa e volve a sentar. Isadora sae do cuarto.


V. SALÓN


De volta ao salón, na peza xa non está o pai. 

Isadora entra e senta no sofá. A ambos os flancos hai dúas cadeiras. Todos quedan a ollar para o público.

ISADORA (gritando): Familia!

Na distancia óuvense tres toses.

PAI:  Cof, cof.

NAI: Caf, caf.

AVOA:  Cuf, cuf. 

Os pais e a avoa achéganse para o salón. O pai senta ao carón de Isadora, mentres a nai e a avoa sentan nas cadeiras a ambos os lados do sofá.

PAI: Que foi, meu amor?

ISADORA: Hoxe quixen saber por que ti, papá, fumas; o mesmo ca ti, mamá, e mais ti, avoa.

NAI (tatexa): Este... Eh, ben.

AVOA: Es que haces preguntas que es muy difícil responder.

Isadora ponse de pé e fala en ton solemne.

ISADORA: Como parece que a todos vos presta tanto fumar, que nesta morada xa non hai oxíxeno, senón fume, decidín que quero ser coma vós; daquela, a partir deste momento, eu tamén vou fumar. Quen che me aprende a fumar?

Ao pai cáelle a pipa ao chan. CLONK, CLONK.

Á nai cáenlle os anteollos. ZAS, ZAS.

Á avoa cáelle a dentadura postiza. TREK, TREK.

ISADORA: Évos unha boa idea, non si? Eu quero ser coma vós.

AVOA: Filliña, non é boa idea.

NAI: Non, non é.

PAI: Prohíboche que fumes!

ISADORA: E logo, papá? Ti falo, constantemente. A túa tose soa moi linda, como a de mamá e como a da avoa.

A nai érguese, a seguir senta entre o pai e a filla. Despois faille festas na cabeza á nena.

NAI: Cariño, tes toda a razón. Mais non se trata de que ti sexas igual ca nós, senón que nós sexamos igual ca ti. Así que, desde este momento, deixo de fumar (Bica na meixela a Isadora).

A avoa érguese, recolle a dentadura do chan, métea nun recipiente con auga enriba da mesa para a limpar e volve a colocala na boca.

AVOA (a Isadora): Túa nai ten razón. Desde este momento, eu tamén deixo de fumar. Outramente, acabarei coma o avó.

As tres mulleres fitan para o pai. Están a agardar pola súa reacción.

PAI: A min ninguén me obriga a deixar de fumar...

ISADORA: Daquela, fumarei eu... Es o meu modelo, por tanto se ti fumas, eu tamén.

O pai ponse de pé. Fai xestos de frustración.

PAI: Está ben, está ben. Deixarei de fumar!

ISADORA (a toda a familia): Prometido?

TODOS: Siiiii.

PAI (levantándose): Eu teño agora unha reunión, voume.

Sae.

NAI (erguéndose): Eu teño que acabar un proxecto. Deica logo.

Sae.

AVOA (erguéndose): Eu teño... teño... non teño nada para facer, mais non pinto nada aquí. Abur, cariño, fixeches algo moi bonito.

Sae.

Isadora continúa sentada, mais ergue a vista e cando xa está soa, fala ollando para o teito.

ISADORA: Viches, avoíño? A túa idea resultou estupenda. Conseguín que todos eles deixen de fumar... (pausa) E eu a ti, avó, eu tamén che quero ben.

Isadora érguese e sae.


TELÓN

© Frantz Ferentz, 2020

Sem comentários: