Personaxes
- Fumador, que todo o tempo leva un cigarro na boca. Vese rodeado dunha nube de fume todo o tempo.
- Crianza
- Voz do elevador
Vén por un lado o FUMADOR e polo outro o CRIANZA. Ambos detéñense diante das portas do elevador, que están abertas.Entran ambos.Fechan as portas do elevador. Soa unha campaíña.
Óuvese un isqueiro.
CRIANZA. Aquí fica unha atmosfera irrespirábel.
O FUMADOR fuma. O CRIANZA comeza a tusir. Tose moito.
CRIANZA. Non me sexas parvo. Todos os cativos da túa idade estades feitos de porcelana, que rompedes á minima.Continúan as toses. O FUMADOR ignora o neno.
Ao cabo, o neno vírase para o lado contrario e inclínase.
Soa un PFFFFFFF moi sonoro.
Non decorren nin tres segundos, cando o FUMADOR sacode a cabeza e fai ruídos de noxo.
FUMADOR [Bravo]. Mais o que é isto? Tiraches un pedo? Cheira a esgoto aquí dentro!
CRIANZA. É culpa súa. Con tanta ansiedade, véñenme os nervos e escápanme as flatulencias.
FUMADOR. Para cos peídos, cocho!
PFFFFFFFFFFF.
FUMADOR. Para de vez!
CRIANZA. Non podo, non me berre. Contra máis estrés, máis peidos.
O FUMADOR buliga a cabeza, fai ruídos de ARGHGHGH como se fose afogar.
FUMADOR. [A piques de desmaiar e cun fío de voz]. Paraaaaaaa...
CRIANZA. Agora que penso, non hai ningún cartaz que prohíba os peidos.
VOZ. Quinto andar. Portas abertas
Soa a campaíña do elevador. Abren as portas.
Sae a CRIANZA e desaparece por un lado, mentres o FUMADOR, sempre envurullado nunha nube de fume, sae tamén, a tusir, e cae ao chan esvaído.
PANO
Sem comentários:
Enviar um comentário