sexta-feira, janeiro 17, 2025

O CAPITÁN ESPAGUETE

 


O problema do Serafín é que era tan magro, tan magro, que escoaba por calquera burato.

Tanto así, que os seus compañeiros comezaron a chamalo Serafín o Espaguetín, porque realmente parecía un espaguete polo fraco que era.

Era un problema para el camiñar pola rúa, porque, á mínima escoaba polo ollo do esgoto.

Mais un día, Serafín o Espaguetín decidiu que tiña que tirar partido do seu corpo.

Colocou unha capa vermella e un antiface.

Fíxose chamar o Capitán Espaguete.

A seguir, dedicouse a escoar por todos os buratos onde non cabía ningún ser humano e a resgatar todo o xénero de bichos atrapados e até xente.

Chegou até a encontrar tesouros escondidos.

Por iso, cando os seus compañeiros descubriron quen era realmente o Espaguetín, deixaron de chamalo así e agora o chaman Capitán Serafín, mais el non gusta diso, porque é realmente un heroe e os heroes non se fan chamar co seu propio nome, outramente que o pregunten ao seu colega Lasañamán, que realmente se chama Manolo, e é moi gordo, mais fai que calquera golpe que lle aventen rebote contra quen o lanza sen lle causar a máis mínima dor.


© Frantz Ferentz, 2025


Sem comentários: