Chamábase Quintín, mais iso non sabía ninguén. Fora capturado como escravo anos atrás, cando as tropas de Calamistán do rei Capariňo III ocuparon o territorio de Pacokistán.
Os soldados de Capariňo III fixeran unha limpa de xente horríbel, mais o Quintín ficou salvo por un motivo ben estraňo de explicar, mais héivolo contar.
Daquela, o Quintín era un adolescente coa pel toda chea de acne. Era unha cousa horrenda. Mais iso precisamente salvou a súa vida. Foi levado á corte como monstro acnésico, se cadra coa idea de o mostrar nun circo como rareza da natureza.
A casualidade fixo que Quintín fose visto pola raiňa Taringa no patio do palacio real como escravo. Había unha poxa importante de escravos. A propia raiňa participou na venda de escravos e comprou a rareza da natureza.
E por que, probablemente vos preguntedes. Ben, porque Quintín, ao ter toda pel chea de acne, servía á raiňa para ter sempre ao seu dispor alguén de quen extraer espiňas, puntos negros e demais cochadas que se acumulan na pel da xente.
Acontece que a raiňa tinha a todos fartos porque ía rebentando o acne dos cortesáns. Era a súa paixón, adoraba rebentar espiňas. E claro, como era a raiňa, ninguén ousaba negárselle. Por iso, os cortesáns comezaron a se esconder da Taringa cada vez que ouvían os seus pasos aproximárense. Até o rei Capariňo a evitaba, ocultábase mesmo por tras das cortinas.
A presenza do Quintín na corte foi un alivio para todos, porque o seu acne era tan tremendo que a raiňa non daba limpado a pel del. Pasaba as horas a rebentar todos os puntos negros do corpo do escravo e non eliminaba nen 40 por cento.
Por riba, o Quintín non se queixaba nunca. De facto, nen falaba o coitado. Parecía ser moi curtiňo da mente. Só comía cando lle puňan a comida diante, mais comía todo, até o prato se non llo retiraban.
Foi un tempo de moita calma no reino de Calamistán, coa raiňa sempre ocupada na extracción de espiňos da pel do Quintín.
Até aquel día. Foi entón que a raiňa Taringa descubriu que por tras da orella esquerda do Quintín había un punto negro chamanteiro, de cor brillante, que de certo contiňa un xorriňo de materia apestosa, desa que sae toda seguida e dá para encher cinco alfergas. É unha graxa moi noxenta que sae polo burato aberto. E ese, precisamente, era un dos elementos do acne preferidos da raiňa. No caso de Quintín, chegou unha vez a extraer oito alfergas de graxa. Aquel burato era moi prometedor. Se cadra, daquela chegaría a dez alfergas.
— Non te mexas —ordenou a raiňa inutilmente, porque o Quintín se deixaba facer sempre.
Extraeu graxa durante horas. Era un xorro interminábel que saía e saía. A raiňa ao cabo colocou un caldeiro enorme, porque dez alfergas non chegaban para conter tanta porqueira que saía por aquel burato.
De repente, o Quintín colapsou. Caeu ao chan facendo un barullo tremendo. A raiňa espantouse toda e comezou a berrar fóra de si.
— A miňa rareza da natureza derrubou así, sen aviso —explicaba a Taringa aos que acudiron aos seus aposentos, entre os que estaba o doutor da corte, un home moi sabio que aprendera o seu oficio primeiro coas galiňas e a seguir cos cochos das quintas.
O doutor tomou o pulso do Quintín e dixo:
— Está para morrer. Case que nen ten pulso. Que foi o que se pasou? —preguntou o doutor.
A raiňa contou todo, tamén cousas do casamento da cuňada e detalles de como vesten moi mal algunhas nobres cortesás, até que acenou para o caldeiro de graxa que extraera da cabeza do Quintín.
— Iso non é graxa de acne —dixo o doutor—. Iso é outra cousa moi diferente. Quitou case toda esa substancia ao coitado! E agora vai morrer!
Entón foi a raiňa que desmaiou.
Cando se recuperou, viu algo que non entendeu. O doutor estaba a reintroducir aquela substancia na cabeza de Quintín coa axuda dun funil. A raiňa ficou espantada:
— Doutor, o que anda a facer?
— Devolverlle a vida.
— E logo?
— Porque esa graxa aparente que lle extraeu da cabeza non era tal, era o seu cerebro!!
A raiňa non podía acreditar aquilo. Como ía ela quitar case todo o cerebro ao Quintín? Mais foi realmente así. Segundo o cerebro ía entrando na cabeza do Quintín, o escravo ía recuperando a consciencia. Até fixo algúns sons estraňos, mais sen chegar a falar.
Cando rematou a operación de recheo do cerebro, o doutor pasou a repetir algo que aprendera a facer cos ovos fecundados de galiňa na quinta. Cando estaban nunha fase intermedia, buligábaos con moita enerxía. Experimentou a mesma práctica coa cabeza do Quintín. Buligouna con moita forza durante varios minutos. Era horríbel, mais o doutor sabía ben o que facía.
— Chámome Quintín e non a rareza da natureza —dixo o escravo.
A raiňa desmaiou otra vez, mentres o doutor sorría satisfeito e dábase palmadiňas nas costas, porque ninguén ía darllas.
Que foi realmente o que conseguira o doutor? Conseguiu colocar ben a siseira do Quintín, que até daquela estivera descolocada. E aconteceu que entón se tornou o individuo máis intelixente do reino, e ademais conservaba todas as memorias de antes. Que mal o tiňa tratado a raiňa.
— Voume —anunciou de súpeto Quintín á raiňa.
— Non podes —díxolle a Taringa—. Un escravo só se pode tornar libre se comprar a súa liberdade ou se lla conceder o rei.
Quintín decidiu ir falar co rei, porque non tiňa un peso.
— Maxestade, veňo pedirvos que me outorguedes a liberdade. Emprestei un grande servizo ao reino como fornecedor de espiňas e puntos negros para manter a vosa esposa ocupada.
— Mais se eu che conceder a liberdade, a miňa esposa volverá atormentar toda a corte, eu incluído, para nos rebentar a pel.
— Entón, propóňovos un trato: eu consigo que ela vos deixe tranquilos e vós concedédesme a miňa liberdade.
— Se lograres iso —dixo o rei—, serás libre.
O escravo, grazas á súa intelixencia excepcional, soubo fabricar unha máquina do tempo e veu para o século XXI.
Así, o Quintín apareceu no día seguinte cuns óculos de realidade virtual de volta na corte. Colocounos á raiňa e esta axiňa comezou a ver ducias de persoas con problemas de acne. Aquilo era o paraíso, pasaba o día todo a rebentar puntos negros.
Mais as baterías, despois dun tempo, esgotaban e Quintín tiňa que viaxar ao futuro para recargar as baterías. Foi nunha desas que a raíňa descubriu a máquina do tempo do seu ex-escravo e viaxou ela tamén escondida.
E aquí continúa. Descubriu que neste século, na internet, a xente pon vídeos de limpeza de acne. Agora ela é quen limpa as peles de persoas de todo o planeta mentres a gravan. Ten a súa propria produtora de vídeo e gaňa a vida a facer o que máis lle presta na vida. Ademais, ninguén ten saudades dela na corte, nen o propio rei.
Entretanto, o Quintín vive feliz en Calamistán sen ninguén a lle rebentar as espiňas, e a viaxar no tempo na súa máquina. Disque mesmo casou cunha muller das cavernas e que ela non lle rebenta as espiňas porque prefire catar piollos, carrapatas e pulgas.
© Frantz Ferentz, 2025
Sem comentários:
Enviar um comentário