terça-feira, julho 03, 2007

A estrela de cinco hoteis [+ 6 anos].- XFC

    Érase daquela unha estrela moi pequena e apagada.
    Durante moitos millóns de anos, fora unha estrela normal, pero daquela xa era unha esferiña pequena, unha rocha tranquila no medio do cosmos, onde, ás veces, algúns pequenos volcáns, do tamaño dunha casa de dous pisos, aínda cuspían algo de lava.
    E a estrela viaxaba polo firmamento, sen sequera ter un planeta que lle dese voltas.
    E entón quedou a xirar a varios milleiros de quilómetros da Terra. Gustáralle á estrela aquel posto. Axiña uns astrónomos descubriron a súa existencia, de maneira que cabo duns meses xa lanzaran unha expedición até a estrela, composta por unha nave exploradora.
    Cando os astronautas viron que se trataba dunha pequena estrela apagada, con algúns volcáns activos que botaban lava cada tres horas, decidiron que era un sitio estupendo para facer turismo. Mandaron aos poucos unha nave construtora, que construíu cinco hoteis na estrela, nin un máis nin un menos, porque non cabían máis. Alguén tivo a feliz idea de facer unha lagoa coa lava que saía dos volcáns, que resultou ser excelente para as doenzas da pel e da respiración.
    E desde entón, na publicidade, sempre dicían: “Veña pasar as súas vacacións á estrela de cinco hoteis”.


© Xavier Frías Conde
All rights reserved worldwide