O blogue de contos e a escola: é posíbel explotar os contos nas aulas?

Este blogue pretende ser un elemento dinamizador da leitura en galego e portugués. Vai principalmente dirixido a estudantes galegos de ensino primario e primeiros cursos do secundario, mais tamén a portugueses ou brasileiros. O feito de haber textos en portugués é precisamente porque o galego e o portugués son linguas irmás. 

Moitos dos contos teñen unha versión en PDF descargábel. Son de uso libre. O formato está pensado precisamente para un público escolar. Se queres usalo nas túas aulas, faino libremente, mais respecta o texto co seu formato. Ademais, heiche agradecer que me fagas saber que os contos foron usados como material didáctico. Para iso, abonda con me enviares unha mensaxe electrónica para:

xavier.frias.conde (a) gmail.com