quinta-feira, agosto 04, 2016

A PRINCESA ROSMONA / A PRINCESA RESMUNGONA [+10 anos]


Era unha vez un reino remoto onde a herdeira do trono era unha princesa chamada Lidia. Mais non era unha princesa calquera, era unha princesa que toda a xente coñecía por unha característica moi especial: era unha princesa rosmona.
       Era a princesa que mais rosmaba no mundo. De facto, pasaba todo o dia a rosmar. Cada vez que se topaba con algo de que non gustaba, rosmaba. Se lle servían polo con ervellas, rosmaba, porque ela gustaba de polo e de ervellas, mas por separado. Se lle servían o cacao fraquiño, rosmaba, mas se se pasaban con as culleradas, tamén rosmaba, porque o encontraba forte demais. Se os cortesáns non lle toda a prestaban atención, rosmaba. Se os cortesáns, en contraste, lle prestaban demasiada atención, entón ela pensaba que a estaban a adular demais e tamén rosmaba, até rosmaba mais.
       Cando miúda, comezou a rosmar cada vez que algo lle desagradaba. Porén, como ninguén detivo aquel seu costume horríbel, a Lidia acostumouse a rosmar e berrar para conseguir todo. Cando grande, xa tiña moita voz, porque desenvolvera moito ben os seus pulmóns –ademais, facía natación e canto coral–, polo que, así que abría a boca, toda a corte comezaba a tremer.
       Até aquel día. Todo comezou cando o novo xardineiro do palacio acudiu á presenza da princesa con unha ducia de caraveis. A Lidia sempre recibía rosas, mais daquela eran caraveis que lle traían, todos ben colocadiños nun vaso. Aí foi o momento en que a Lidia rosmou e berrou. Porén, o xardineiro permaneceu de fronte a ela, a sorrir, como se mal soprase unha brisiña que lle remexese o floco. Houbo uns instantes de silencio. A princesa non daba comprendido como os seus berros non tiñan efecto. Era a primeira vez que tal cousa lle acontecía. E até unha terceira vez rosmou e berrou a princesa Lidia, mais non valeu de nada. Ficou a arfar, cos ollos como pratos, mentres o xardineiro non deixaba de sorrir.
       – Princesa, até mañá. Gozade dos caraveis. Mañá de mañá heivos traer petunias.
       A princesa quixo entón rosmar, porque non gustaba de petunias, mais de certo non lle quedaba ar nos pulmóns para continuar a rosmar.
       Aquele episodio foi difundido por toda a corte inmediatamente. Ben logo, todos os cortesáns sabían o que acontecera e foron preguntar ao xardineiro cal era a dica para non ficar xordo diante da princesa.
       – Cal é o segredo? –preguntáronlle.
       – Aguantar a respiración?
       – Contar de 19 até 1 só cos impares?
       – Imaxinar que me caen as orellas?
       O xardineiro sorría.
       – Nada diso –dixo ao cabo–. Chega con pór estas boliñas de algodón nas orellas. Vedes? É moi simple. Así.
       E deu boliñas de algodón que el mesmo cultivaba no xardín aos cortesáns que había ao seu redor.
       – Escoitades algo? –preguntou o xardineiro.
       – Eh?
       – Eh?
       – Eh?
       E así até trinta.
       No día seguinte, a camareira trouxo o zume de laranxa acedo demais. A princesa rosmou, mas a camareira continuou a sorrir, como se non tivese escoitado. A princesa tomou o zume porque non lle quedaba outra.
       Despois, cando foi vestirse, un dos zapatos mancoulle. Aí rosmou de novo. Mas a sua asistente apenas sorría. A princesa optou por pór uns tênis para ir mais cómoda.
     A seguir foi tomar café no salón, que era onde os cortesáns acudían para teren faladoiro. Estrañouse que todos falasen aos berros, como se non se escoitasen ben. Até os camareiros berraban, que horror. Aí a princesa Lidia berrou, berrou moito, berrou como nunca berrara antes, mas pareceu inútil, porque ninguén lle prestou atención. A princesa pensou que, se cadra, se tornara invisíbel.
      Mas o peor para ela non foi iso, o peor foi que, despois de berrar como nunca durante dez minutos, quedou sen voz. Quedou afónica.
       – Princesa, acontécevos algo? ––preguntábanlle.
       Porén, ela mal emitía uns sons guturais.
       Entón voltou o xardineiro. Levaba un frasco con un líquido amarelo e unha culler.
       – Princesa, catade isto.
       Ela non quería. Ia berrar, para iso abriu a boca, sen se lembrar de que perdera a voz. Mais o xardineiro andou rápido e meteulle unha cullerada na boca aproveitando a tentativa de rosmar.
       Glup! Foi todo para dentro.
       – Está bo. O que é isto? –preguntou a princesa.
       – Recuperastes a voz!! –dixeron axiña os cortesáns.
       – É verdade. Mais que é isto que me deches, xardineiro?
      – Isto é unha receita secreta da miña avoa. Só vos podo dicir que leva mel, xelea, polen e outros ingredientes, todos naturais... bo, e unhas pinguiñas de zume de limón.
       Todos pensaron que a princesa ía agradecer ao xardineiro que a curase, mais enganáronse. A reacción dela foi ben diferente:
        – Que lle corten a cabeza!
       Por desgraza para o xardineiro, a princesa lera recentemente a historia de Alicia, onde a raíña malandra manda cortar a cabeza de todos os que a incomodan ou importunan.
       E así, preparouse un cadafalso no patio real. Acudiu toda a corte, suspirando de pena por perderen un xardineiro tán curriño.
       A princesa mexeu a man e deu orde ao verdugo de deixar caer o machado sobre a cabeza do xardineiro, o cal estaba axeonllado sobre o cadafalso, coa cabeza sobre un toro de madeira. Diante del había un cestiño que recollería a cabeza separada do pescozo.
       O verdugo, a pesar do moito que lle desagradaba o seu oficio, obedeceu. Plum! Bateu con o gume do machado no pescozo daquel infeliz... mais non saíu sangue. A cabeza caeu no cesto e despois comezou a flutuar polos ares, encanto todos ollaban pasmos a cena. Ninguén ficou a saber que se trataba dunha cabeza falsa, un balón  recheo de helio que, ao ficar solto, voou polos ares.
       Entre tanto, o xardineiro ergueuse, coas mans amarradas por atrás e tranquilamente comezou a descender os degraos do cadafalso. A xente estaba horrorizada, porque ninguén esperaba ver un corpo camiñar todo tranquilo sen cabeza. Ademais, parecía que, a pesar de non ter cabeza, vía, porque non se tropezaba con nada. Por riba, desamarrou as mans como se nada e chegou ao pé do palco onde estaba a princesa, que ollaba para el tan asustada coma o resto dos cortesáns.
       – Princesa, tiven moita paciencia convosco –dixo o xardineiro, cuxa voz soaba totalmente normal–. Agora heivos aprender unha lección...
       Nese momento, a cabeza do xardineiro saíu do pescozo da camisa. Estaba enteira. Despois, colleu un frasquiño con pétalas roxas secas, de non se sabe que flor, pulverizounas coa man e a seguir soprou o po de pétalas para a princesa. Ela non puido evitalo. Respirou o po e despois tusiu, tusiu moito. Cando conseguiu parar, quixo berrar que detivesen o xardineiro, mas a súa voz soou como música de arpa, harmoniosa e envolvente...
       Todos os cortesáns aplaudiron. A princesa non notaba que a súa voz soaba como o son da arpa por iso daba comandos e mais comandos, mas toda a xente ouvía a arpa e pensaban que estaba a dar un concerto e continuaban a aplaudir cheos de entusiasmo.
       O xardineiro, pola súa parte, facía inclinacións para o público, como se fose o director dunha orquestra, o cal anoxaba aínda mais a princesa, que pedía que lle cortasen de novo a cabeza e os brazos e as pernas e todo canto puider ser cortado, mais ninguén a entendía.
       Despois daquel día, ninguén viu mais nunca o xardineiro. Desapareceu. Porén, todos viviron moi tranquilos no reino, pois a princesa Lidia pasaba todo o día a dar concertos polo palacio, coa súa melodiosa voz de arpa.

*   *   *

       Era uma vez um reino remoto onde a herdeira do trono era uma princesa chamada Lídia. Mas não era uma princesa qualquer, era uma princesa que toda a gente conhecia por uma caraterística muito especial: era uma princesa resmungona.
       Era a princesa que mais resmungava no mundo. De facto, passava todo o dia a resmungar. Cada vez que se topava com algo de que não gostava, resmungava. Se lhe serviam frango com ervilhas, resmungava, porque ela gostava de frango e de ervilhas, mas por separado. Se lhe serviam o cacau fraquinho, resmungava, mas se se passavam com as colheradas, também resmungava, porque o encontrava forte demais. Se os cortesãos não lhe prestavam toda a atenção, resmungava. Se os cortesãos, em contraste, lhe prestavam demasiada atenção, então ela pensava que a estavam a adular demais e também resmungava, até resmungava mais.
       Em miúda, começou a resmungar cada vez que algo lhe desagradava. Porém, como ninguém deteve aquele seu costume horrível, a Lídia acostumou-se a resmungar e berrar para conseguir tudo. Em grande, já tinha muita voz, porque desenvolvera muito bem os seus pulmões –aliás, fazia natação e canto coral–, pelo que, assim que abria a boca, toda a corte começava a tremer.
       Até aquele dia. Tudo começou quando o novo jardineiro do palácio acudiu à presença da princesa com uma dúzia de cravos. A Lídia sempre recebia rosas, mas daquela eram cravos que lhe traziam, todos bem colocadinhos num vaso. Aí foi o momento em que a Lídia resmungou e berrou. Porém, o jardineiro permaneceu enfrente dela, a sorrir, como se mal soprasse uma brisinha que lhe remexesse a franja. Houve uns instantes de silêncio. A princesa não conseguia compreender como os seus berros não tinham efeito. Era a primeira vez que tal coisa lhe acontecia. E até uma terceira vez resmungou e berrou a princesa Lídia, mas não valeu de nada. Ficou a arfar, com os olhos como pratos, enquanto o jardineiro não deixava de sorrir.
       – Princesa, até amanhã. Gozai dos cravos. Amanhã de manhã vou-vos trazer petúnias.
       A princesa quis então resmungar, porque não gostava de petúnias, mas decerto não lhe ficava ar nos pulmões para continuar a resmungar.
       Aquele episódio foi difundido por toda a corte imediatamente. Bem logo, todos os cortesãos sabiam o que acontecera e foram perguntar ao jardineiro qual era a dica para não ficar surdo enfrente da princesa.
       – Qual é o segredo? –perguntaram-lhe.
       – Aguentar a respiração?
       – Contar de 19 até 1 só com os ímpares?
       – Imaginar que me caem as orelhas?
       O jardineiro sorria.
       – Nada disso –disse por fim–. Chega com pôr estas bolinhas de algodão nas orelhas. Vedes? É muito simples. Assim.
       E deu bolinhas de algodão que ele mesmo cultivava no jardim aos cortesãos que havia ao seu redor.
       – Escutais algo? ––perguntou o jardineiro.
       – Eh?
       – Eh?
       – Eh?
       E assim até trinta.
       No dia seguinte, a camareira trouxe o sumo de laranja azedo demais. A princesa resmungou, mas a camareira continuou a sorrir, como se não tivesse escutado. A princesa tomou o sumo porque não lhe ficava outra.
       Depois, quando foi vestir-se, um dos sapatos fez-lhe mal. Aí resmungou de novo. Mas a sua assistente apenas sorria. A princesa optou por pôr uns tênis para ir mais cómoda.
       A seguir foi tomar café no salão, que era onde os cortesãos acudiam para terem tertúlia. Estranhou-se que todos falassem aos berros, como se não se escutassem bem. Até os camareiros berravam, que horror. Aí a princesa Lídia berrou, berrou muito, berrou como nunca berrara antes, mas pareceu inútil, porque ninguém lhe prestou atenção. A princesa pensou que, se calhar, se tornara invisível.
       Mas o pior para ela não foi isso, o pior foi que, depois de berrar como nunca durante dez minutos, quedou sem voz. Quedou afónica.
       – Princesa, acontece-vos algo? –perguntavam-lhe.
       Porém, ela mal emitia uns sonzinhos guturais.
       Então voltou o jardineiro. Levava um frasco com um líquido amarelo e uma colher.
       – Princesa, provai isto.
       Ela não queria. Ia berrar, para isso abriu a boca, sem se lembrar de que perdera a voz. Mas o jardineiro andou rápido e meteu-lhe uma colherada na boca aproveitando a tentativa de resmungar.
       Glup! Foi tudo para dentro.
       – Está muito bom. O que é isto? –preguntou a princesa.
       – Recuperastes a voz!! –disseram logo os cortesãos.
       – É verdade. Mas o que é isto que me deste, jardineiro?
       – Isto é uma receita secreta da minha avó. Só vos posso dizer que tem mel, geleia, pólen e outros ingredientes, todos naturais... bom, e umas pinguinhas de sumo de limão.
       Todos pensaram que a princesa ia agradecer ao jardineiro que a curasse, mas enganaram-se. A reação dela foi bem diferente:
       – Que lhe cortem a cabeça!
       Por desgraça para o jardineiro, a princesa lera recentemente a história de Alice, onde a rainha malandra manda cortar a cabeça de todos os que a incomodam ou importunam.
       E assim, preparou-se um cadafalso no pátio real. Acudiu toda a corte, suspirando de pena por perderem um jardineiro tão porreiro.
       A princesa mexeu a mão e deu ordem ao verdugo de deixar cair o machado sobre a cabeça do jardineiro, o qual estava ajoelhado sobre o cadafalso, com a cabeça sobre um toro de madeira. Diante dele havia um cestinho que recolheria a cabeça separada do pescoço.
       O verdugo, apesar do muito que lhe desagradava o seu ofício, obedeceu. Plum! Bateu com o gume do machado no pescoço daquele infeliz... mas não saiu sangue. A cabeça caiu no cesto e depois começou a flutuar pelos ares, enquanto todos olhavam surpreendidos a cena. Ninguém ficou a saber que se tratava duma cabeça falsa, um balão  recheio de hélio que, ao ficar solto, voou pelos ares.
       Entretanto, o jardineiro ergueu-se, com as mãos amarradas por trás e tranquilamente começou a descer os degraus do cadafalso. A gente estava horrorizada, porque ninguém esperava ver um corpo caminhar todo tranquilo sem cabeça. Aliás, parecia que apesar de não ter cabeça, via, porque não se tropeçava com nada. Por cima, desamarrou as mãos como se nada e chegou ao pé do palco onde estava a princesa, que olhava para ele tão assustada como o resto dos cortesãos.
       – Princesa, tive muita paciência convosco –disse o jardineiro, cuja voz soava totalmente normal–. Agora vou-vos ensinar uma lição...
       Nesse momento, a cabeça do jardineiro saiu do pescoço da camisa. Estava inteira. Depois, pegou num frasquinho com pétalas roxas secas, de não se sabe que flor, pulverizou-as com a mão e a seguir soprou o pó de pétalas para a princesa. Ela não pôde evitá-lo. Respirou o pó e depois tossiu, tossiu muito. Quando conseguiu parar, quis gritar que detivessem o jardineiro, mas a sua voz soou como música de harpa, harmoniosa e envolvente...
       Todos os cortesãos aplaudiram. A princesa não notava que a sua voz soava como o som da harpa, por isso dava comandos e mais comandos, mas toda a gente ouvia a harpa e pensavam que estava a dar um concerto.
       O jardineiro, pela sua parte, fazia inclinações para o público, como se fosse o diretor de uma orquestra, o qual anojava ainda mais a princesa, que pedia que lhe cortassem de novo a cabeça e os braços e as pernas e tudo quanto puder ser cortado, mas ninguém a entendia. Porém, todos continuavam a aplaudir com entusiasmo.
       Depois daquele dia, ninguém viu mais nunca o jardineiro. Desapareceu. Porém, todos viveram muito tranquilos no reino, pois a princesa Lídia passava todo o dia a dar concertos pelo palácio, com a sua melodiosa voz de harpa.

© Texto: Frantz Ferentz, 2016
© Imagem: Valadouro