terça-feira, setembro 17, 2013

O DILEMA DO BANQUEIRO MÁIS RICO [+12 anos]


Un labrego chantouse diante do banqueiro riquísimo que sempre se gababa de ter máis do que ninguén e díxolle:

— Eu teño algo que vostede non ten.

— O que? —preguntou o banqueiro todo curioso.

— Isto —e mostroulle unha miserábel moeda dun centavo.

O banqueiro riu:

— Eu teño millóns de moedas como esa!

— Certo —dixo o labrego—, mais non tem esta, porque esta é miña é vostede nunca a terá. E terá que vivir sabendo que nunca a possuirá.

E tivo razón o labrego, porque o banqueiro pasou o resto da súa vida a procurar aquel labrego coa súa moeda de un céntimo e morreu podre de envexa por non o ter encontrado.

Frantz Ferentz, 2013

segunda-feira, setembro 16, 2013

CANDO OS ELEFANTES CANTEN ÓPERA [+8 anos]


O xardineiro chantouse diante da princesa e do rei e antes que os gardas lle caesen enriba preguntou á princesa:

— Dásme un beixo?

— Só cando ouza un elefante cantar ópera

O monarca gustou da resposta da filla, así que decidiu non castigar o impertinente xardineiro, mais entón houbo un barullo terríbel no salón do trono. Era un elefante. Entrou... cantando ópera! E a princesa deu un beixo ao xardineiro, o cal chiscou un ollo á princesa, porque ben sabia el o difícil que era aprenderlle a un elefante a cantar ópera, mais así o rei non podería castigar o ousado xardineiro, do cal estaba loucamente apaixonada a princesa...

Frantz Ferentz, 2013