quarta-feira, fevereiro 18, 2015

A VINGANZA VINGADA [+12 anos]

Resultado de imagen de FADA MADRINHAO Vindicarlo era un neno que vivía todo triste e amargado porque os compañeiros  da escola non lle querían ben. E o Vindicarlo desenvolveu uns sentimentos terríbeis de vinganza contra os compañeiros da escola. Mas un bo día, unha fada aparecéuselle e díxolle:
─ Heiche conceder un desexo... 
─ E non son tres?
─ Lamento, mas eu sou unha fada en práticas e só che concedo un.
─ Quero vinganza...
─ Que cousa tan fea. E que queres, logo?
─ Quero que os meus compañeiros me teñan que aturar sen remedio e que eu poida enfastialos canto quixer.
─ Estás certo diso? ─preguntou a fada.
─ Estou.
Plim! A fada buligou a súa variña e lanzou un encantamento.
E desde ese momento, converteu o Vindicarlo no virus da gripe.

Frantz Ferentz, 2015