sexta-feira, junho 30, 2023

O CAPITÁN ESPAGUETE

      O problema do Serafín é que era tan magro, tan magro, que escoaba por calquera burato. Tanto así, que os seus compañeiros comezaron a chamalo Serafín o Espaguetín, porque realmente parecía un espaguete polo fraco que era. Era un problema para el camiñar pola rúa, porque, á mínima escoaba polo ollo do esgoto.
    Mais un día, Serafín o Espaguetín decidiu que tiña que tirar partido do seu corpo. Colocou unha capa vermella e un antiface. Fíxose chamar o Capitán Espaguete. A seguir, dedicouse a escoar por todos os buracos onde non cabía ningún ser humano e a resgatar todo o xénero de bichos atrapados e até xente. Chegou até a encontrar tesouros escondidos.    
     Por iso, cando os seus compañeiros descubriron quen era realmente o Espaguetín, deixaron de chamalo así e agora o chaman Capitán Serafín, mais el non gusta diso, porque é realmente un heroe e os heroes non se fan chamar co seu propio nome, outramente que o pregunten ao seu colega Lasañamán, que realmente se chama Manolo, e é moi gordo, mais fai que calquer golpe que lle aventen rebote contra quen o aventa sen lle causar a máis mínima dor.

Texto: Frantz Ferentz, 2023
Ilustración: Laura Frías Viana