A historia da Aleia é unha historia ben estraña.
De todos os xeitos, se coñecedes algunha historia semellante, íavos agradecer que ma comuniquedes porque poida que haxa máis casos coma este, de tal maneira que sería bo abrir unha pescuda.
Ben, parece ser que Aleia era unha rapariga que non paraba de falar.
Aos poucos de comezar a falar, xa largaba discursos e discursos.
Realmente non facía palabras comprensíbeis, ela inventaba e inventaba cousas, falaba ao seu xeito, mesmo durante a noite, porque non calaba.
Da que ía medrando, a cousa foi a peor.
Das vinte e catro horas do día, calaba entre unha e dúas, non máis. As noites eran un suplicio, porque falaba entre sonos.
Mesmo cando xantaba, seguía a falar.
Era tremendo, porque os anacos de comida voaban pola mesa.
E aínda peor cando Aleia se metía na piscina para tomar baño, porque até embaixo da auga seguía a falar, saían as burbullas...
Na escola, é claro, constantemente levaba un castigo, mais a coitada dela certamente non podía calar, era superior ás súas forzas, porque sempre, sempre, sempre tiña algo que contar.
Até un día en que, de repente, calou.
E non volveu falar.
Xa non dixo nin unha sílaba.
A Aleia tentou dicir algunhas palabras, mais nada.
Ela tiña moita cousa que contar, mais non lle saía nin sequera unha sílaba, unha sílaba pequerrecha, unha vogal... nada!
No inicio, os seus pais ficaron contentos.
Puideron por fin durmir a primeira noite e até parar de mercar pílulas contra a xaqueca e a insomnia.
Mais axiña descubriron que a cousa era ben grave, comezaron a se preocupar de que a súa filla tivese ficado completamente muda.
A coitada dela sufría moito porque non podía emitir unha soa palabra.
E é aquí onde na narración desta historia cómpre dicir que, malia os esforzos de moitos, moitos especialistas que analizaron a nena sen descubrir cal era a raíz da súa suposta doenza, un bo día apareceu pola casa da Aleia a tía-avoa Talentodotada, quen malia o seu nome cumprido era abondo baixa.
Non se sabe moi ben quen era a tía Talentodotada. Sabíase que era unha irmá da avoa que vivía nunha da aldea das montañas, a cal tiña o talento de falar con osos, lobos e tolos.
Disque era bruxa ou alquimista.
A súa existencia era un misterio, porque non se comunicaba co resto da familia, agás polo Nadal para lles enviar polvoróns feitos de cortizo de aciñeira, landras de carballo e folla de sobreira que ela afirmaba que tiñan propiedades curativas, mais ninguén na familia o comprobara, porque mal se puña a lingua enriba do polvorón, xurdía un sabor noxento.
For como for, a tía Talentodotada soubera que a súa sobriña-neta perdera a fala.
E así, cun fardel de trapo, presentárase na casa da familia da Aleia para dicir aos seus aínda máis abraiados pais que ela tiña a solución para a súa sobriña-neta (ao cabo ía ser verdade o rumor de que a vella era unha bruxa).
Eles nin retrucaron.
A tía-avoa Talentodotada explicoulles aos pais da rapaza o que acontecera:
- A nena ten falado tanto, que gastou todas as palabras. Normalmente a xente non esgota todas as palabras ao longo da súa vida, mais como ela falou e falou sen parar, si esgotou a súa carga de palabras. Por iso, agora hai que lla recargar. Eu téñovos a fórmula para sandar iso.
Despois, a tía-avoa só pediu que a deixasen ir á biblioteca da casa.
Porén, esquecera os óculos de ver de preto na aldea e cando se puxo a procurar entre os libros, vía abondo mal.
Os pais da Aleia contemplaban mudos a escena, sen abriren a boca.
Non entendían por que a tía-avoa procuraba entre os seus libros, porque non tiñan ningún volume de esconxuros ou cousas así; o máis parecido a un manual de esconxuros que tiñan era un libro de receitas de cociña ultramoderna.
Mais cabo duns minutos a remexer, a tía-avoa Talentodotada colleu un dicionario.
Era grande de máis.
Con el na man foi para a cociña.
O que fixo despois, deixou os pais da meniña de pedra, sen poderen mover nin sequera unha pestana.
O gran dicionario foi directo á cazola, onde comezou a ferver como se fose unha posta de carne.
Despois, cando xa estivo ben mol, foi á batedora, onde a tía-avoa o esnaquizou até o tornar líquido.
Efectivamente, o dicionario acabou convertido en zume.
A seguir, engadiulle unhas herbas que ela traía preparadas, xa en po, botoulle azucre e sorba ao zume (a sorba e o azucre só para lle dar bo sabor, segundo dixo ela máis tarde).
E finalmente ofreceu aquela beberaxe á meniña.
A meniña bebeu nela á vontade, porque ulía estupendo e sabía aínda mellor, coma un batido tropical.
Despois a tía-avoa preguntoulle á nena:
- Ten bo sabor?
- Mais oui -dixo a nena
Todos ficaron abraiados, mesmo a tía-avoa.
A menina volvera a falar, mais facíao en francés.
- A ver, miña rula, como te encontras? -preguntoulle a mai.
- Très bien, maman. Mais maintenant j'ai faim...
E entón comezou a falar tanto como antes, mais agora facíao en francés.
Os pais non acreditaban.
Entón a tía-avoa explicoulles:
- A culpa de que fale en francés é miña. Como non trouxera os óculos, errei e usei un dicionario de francés para face-la receita máxica. Agora vai falar nesa lingua o resto do tempo.
- E até cando? -preguntou o pai.
- Até cando?
A tía-avoa encolleu os ombreiros e limitouse a dicir:
- Até que remate a nova carga de palabras que bebeu... Non sei canto tempo pode ser iso.
- E despois? -insistiu o pai.
- Despois? Despois máis vale que traia os óculos e acerte co dicionario correcto.
E até aquí a historia.
Máis non vos podo contar porque a Aleia aínda ten reservas de palabras do dicionario de francés que a tía-avoa Talentodotoda lle fixo beber.
Prométovos que, cando esgote esta recarga da palabras da Aleia, xa tentarei saber como segue esta historia.

© Xavier Frías Conde
All rights reserved worldwide
Sem comentários:
Enviar um comentário