quinta-feira, janeiro 26, 2017

O PRESENTE DO PAI




Meu pai estaba moi contento co presente que recibira polo seu día de anos. A avoa ofrecéralle un Ferrari. Meu pai deulle un bico na meixela. Porén, miña mai, asustada de ver aquel presente tan caro, dixo á avoa:

— E logo, mamá, liquidaches todos os teus aforros no banco dun golpe para facer ese presente ao meu home? Seica perdiches a cabeza?

— Filla —replicou miña avoa—, eu só seguín as instrucións que me enviaras polo telemóbil.

E mostroulle o telemóbil. Alí claramente dicía: "Suxerimento presente para Carlos: compra Ferrari". Miña nai, furiosa, botou o seu telemóbil para a sanita mentres explicaba:

— Eu quixen dicir "Ferrero", os bombóns. Maldito corrector automático, maldito corrector...!


© Frantz Ferentz, 2017

Sem comentários: