quinta-feira, abril 09, 2015

PAPÁ PERNAS LONGAS

Un día, cando a Helena estaba doente na casa, lembrouse de seu pai. Despois do divorcio coa súa mai, deixou de o ver habitualmente. Primeiro só o encontrou aos fins de semana, dous en cada catro. Porén, ben logo a meniña decidiu que aborrecía e deixou de ir visitar o pai. Apenas o vía unha volta a cada dous ou tres meses.

Despois, nun dia, abandonou o país e foi vivir á Irlanda, porque precisaba traballar e no seu país non había traballo. De vez en cando, recibía unha mensaxe electrónica do pai, onde ele lle preguntaba pola súa vida e ela respondíalle e contaba con preguiza o que ela facía, mais nin sempre escribía. 

Porén, naquel día ela lembrouse da súa infancia, cando estaba doente e ficaba na cama sen ir à escola. Naqueles días o pai aparecía polo seu cuarto cunha torta única. Viña cun doce feito de unha substancia especial. O pai dicíalle que era torta de nubes. 

A Selena adoraba comer aquela torta que, con efecto, parecía feita de nubes, que se desfacía na boca, tan doce. E ela sempre preguntaba ao pai: 

— Como é que consegues facer torta de nubes? 

— Porque sou capaz de recoller bocadiños de nubes, batelos como se fosen ovos e preparar con eles torta de nubes. 

— Mais tu non podes voar? Como chegas até as nubes? — preguntaba sempre a Selena. 

— Porque teño unhas pernas que se estrican —explicaba sempre o pai—, se estrican e se estrican, até eu crecer tanto que consigo cozar as nubes coa cabeza. E cando chego alá, apaño un bocadiño de nube, apenas un bocadiño, e traio para ti. 

O pai da Selena sabia que o pai non tiña pernas verdadeiras, embora non soubese que as perdera por causa de unha mina que lle tiña estourado cando mozo, antes de ela nacer, nalgunha remota zona de guerra. E aquelas pernas, con efecto, estricábanse un bocadiño. 

E así, a Selena, en crianza, imaxinaba o seu pai facendo estricar sen limites aquelas pernas e despois imaxinaba como ele preparaba a torta na cociña —e até lembraba ter ouvido o bater da coller no prato. 

Aquelas lembranzas da infancia voltaban a súa mente naqueles días, cando estaba de novo soa, mais agora tan lonxe da casa. E desexou inmenso que o seu pai lle trouxese unha daquelas tortas, como cando miúda. 

Decidiu que lle enviaría unha mensaxe. Colleu o telemóbil e escribiu: 

«Ola, papá. Todo ben contigo? Hoxe estou doente». 

Non quixo escribir máis nada. Non quería parecer unha meniña pequena que se queixaba das doenzas. Ela xa tiña vinte e dous anos e era independente. Por iso, non puido esperar que, no dia seguinte, alguén fixese soar a campaíña da súa casa. 

— Quen é — preguntou a Selena con pouca voz. 

— Sou eu — soou a voz do pai. 

Que sorpresa. Mais nin só iso, o pai apareceu cunha torta nas mans. 

— Torta de nubes? — preguntou a Selena sen acreditar. 

— Torta de nubes. 

— Non podo acreditar. E algún dia vasme dicir como é que preparas esta torta? 

Cal é o ingrediente segredo que fai con que pareza mesmo feita de nubes? 

O pai non respondeu e apenas deu un beixo à filla na testa; ela sentiu que estaba a precisar mesmo de un beixo do pai despois de tantos anos. 

E de repente, a Selena deu conta que a presenza do pai na Irlanda era inexplicábel. 

— Papá, nestes días hai greve de controladores aéreos e todos os voos foran cancelados. Como é que conseguiches chegar?

— Talvez da mesma maneira que apañaba nubes para ti —explicou el—, mais iso ten de ser un segredo.

E ela concordou. Era mellor así, sen ela saber como o pai tiña chegado até ela, nin se alcanzaba mesmo as nubes para lle conseguir o ingrediente principal daquela torta cuxa receita só o pai coñecía.



© Texto: Xavier Frías Conde
© Deseño: Elisabete Ferreira

Sem comentários: