Xa podedes imaxinar que estraña situación, porque os tiburóns comen todos peixe.
De facto, é o seu único alimento.
Comen peixe para a parva, para o almorzo e para a cea.
Mesmo de apertivo, cando están de esmorga cos amigos polo océano lonxe da casa, tamén comen peixe.
Mais este noso tiburón, como diciamos, non gustaba para nada do peixe.
Dicía que detestaba o seu sabor, que as espiñas, ao engulilo, espetaban nas branquias e despois non podía durmir tranquilo.
Por tanto, comezou a se alimentar de oucas.
No comezo, a cousa ía ben. Era mol e o gusto non ía mal.
Mais aos poucos, comezou a ficar magro magriño que daba mágoa velo.
Acontecía que as oucas non alimentaban tanto coma o peixe, por iso o tiburón estaba a enmagrecer moito, tanto que até case semellaba un pau.
E pasaron dúas semanas.
O tiburón xa era unha liña polo fraco que estaba.
Mais el seguía decidido a só comer algas e non catar o peixe.
Até aquel día en que, procurando alimento polo fondo do mar, atopou unha roda de madeira que os humanos aventaran ao mar.
Os humanos desde sempre foron abondo cochos; tiñan o costume de botar ao mar todo o que non lles servía, como se fose un vertedoiro.
Aquela roda da madeira acabou no fondo do mar por esa razón.
Como era madeira e o tiburón non entendía de produtos humanos, decidiu que talvez pagaba a pena comer aquela roda.
Abriu a súa enorme boca todo o que puido e enguliu a roda.
Mais como estaba tan magro, a roda quedoulle encaixada no medio, dentro do seu estómago.
O tiburón xa non podía facer nada para quitar aquela roda de alí, por moito que o tentase.
E quedoulle alí para sempre atravesada.
E queredes saber como acaba esta historia? Pois aínda non rematou.
Cada vez que viaxedes polo mar -alén de non botardes porcalladas á auga-, fixádevos nuns peixes que son coma tiburóns, mais cuxa forma é moito máis estilizada.
Teñen unha cabeza pequena e unha coda longa, mais o corpo é redondo e plano.
Eses son os descendentes do noso amigo o tiburón vexetariano.
Eses peixes chámanse raias, exactamente mantas raia.
Aínda algúns anciáns lembran que xacando nas aldeas de pescadores lles chamaban tiburóns roda.
Aínda algúns anciáns lembran que xacando nas aldeas de pescadores lles chamaban tiburóns roda.
Mais eles xa nin se lembran por que.
© Xavier Frías Conde
All rights reserved worldwide
All rights reserved worldwide
1 comentário:
Galego é uma língua maravilhosa, pena que aqui no Brasil ela é pouco conhecida...
Enviar um comentário