terça-feira, janeiro 04, 2011

Os problemas de Ludmila ao volante [+6 anos].- XFC


Ludmila montou no auto.
Prendeu o motor.
Comezou a marchar pola rúa adiante.
E aos vinte segundos xustos...
PABÚ, PABÚ
Era o cretino ese que todos os días, á mesma hora, se chantaba tras ela e comezaba a pitarlle.
E todo porque tiña un "L" na traseira do auto.
Maleducado.
O ruín era que, todos os días, aquel paisano repetía a mesma leria.
E por riba fumaba un charuto noxento e sorría mentres lle daba á buguina:
PABÚ, PABÚ...
Mais Ludmila un día fartou.
Precisamente foi cando descubriu onde vivía o paisano.
Deixaba todas as noites o auto na rúa.
Ela iso de guiar non o favía moito ben, mais era moi hábil para outras cousas.
Aproveitou a noite e...
Ao outro día, Ludmila montou no auto.
Prendeu o motor.
Comezou a marchar pola rúa adiante.
E aos vinte segundos xustos...
ATCHUM, ATCHUM, ATCHUM...
Era o cretino de todos os días.
Mais o charuto caeulle nas calzas pola sorpresa.
Fíxolle un burato ben bonito.
Non entendía como o seu auto, no canto de facer "pabú-pabú" espirraba cando lle daba á buguina.
Mais o peor era que toda a xente que ía pola rúa non paraba de rir.
E Ludmila, toda calma, seguiu o seu camiño a guiar ben atenta.

© Texto: Xavier Frías Conde, 2011


1 comentário:

Anónimo disse...

Xavier, munches gracies pol cuentu. Espero qu'esti sufrimientu termine esti mes, anque toi segura que tendré qu'aguantar muncho cuando lleve la L, y como dicía una muyer "nun la llevo porque me llame Lola"