— O que pensas desa parvada que cre moita xente de que as rúas se quitan de noite?
— pregunta un cidadán a outro.
— Pois iso, parvadas, só parvadas... —responde o outro.
E varias horas máis tarde, as rúas da cidade desaparecen, saen voando, cando xa todos os habitantes da cidade están a durmir e ninguén se dá conta, porque ninguén pode imaxinar que as rúas de cidade son de feito corpos de dragón alugados polo alcaide, quen, na realidade, é un bruxo metido a político.
Sem comentários:
Enviar um comentário