terça-feira, março 26, 2013

O VENDEDOR DE MOSCAS


Un paisano puxo un posto no mercado para vender moscas.
Os clientes abraiaban.
Como se podían vender moscas?
E o paisano explicou que as moscas que vendía non eran moscas correntes.
Eran moscas adestradas.
Se alguén ao seu lado ten ruíns intencións, elas sábeno.
»Se alguén lles quere vender comida en mal estado, elas sábeno.
»Se alguén os insulta ás súas costas, elas sábeno.
»Se reciben un paquete cheo de odio, elas sábeno...
E enumerou tantas e tantas cousas que as sabias moscas descubrían...
Un cliente preguntou:
Iso está moi ben, mais se descobren todo iso, o que é que fan?
O que fan todas as moscas: pousar na merda. 

Sem comentários: