Ludwig, o biólogo agasallou á súa muller unha cría de dinosauro polo seu aniversario.
O biólogo Ludwig creáraa a partir dun ovo de lagarta, mais despois medrou moito.
A muller do biólogo, que se chamaba Irina, adoraba os bechos.
Saíu á rúa para pasear coa cría de dinosauro, que de feito era tan grande coma unha xata.
Tiña unha vantaxe aquela cría de dinosauro a respecto dos cans:
Non se paraba en cada farol da rúa ou en cada árbore para facer pipí.
Polo contrario, toda a xente con que se cruzaba mudaba de beirarrúa.
Púñalles tanto medo!
A Irina sorría mais non comentaba nada.
Era tan adorábel o seu dinosauro pequerrecho...
E tiña aínda outra vantaxe:
Cando a Irina ía comprar algo co seu pequeno dinosauro, todas as persoas cedíanlle o seu posto na fila...
Tiñan tanto medo de seren comidas...
Mais a Irina non lles dicía que seu home tivera moito coidado de que o dinosauro clonado fose vexetariano.
© Frantz Ferentz
Sem comentários:
Enviar um comentário